ASÍ NON Ergonomía- Adaptación postos

134

ADAPTACIÓN POSTOS

QUE DI A LEI?

Tanto a lexislación estatal coma a normativa internacional establecen a necesidade de

adaptar ó traballo a persoa. QUE ACONTECE EN PSA-Vigo?

Algo que no papel, e noutras empresas é claro “ADAPTAR O TRABALLO A PERSOA”, nesta empresa parece imposible. Pero non porque non se poda facer, senón porque non se quere facer.

A Dirección mudou o “slogan”, nesta empresa se adapta a persoa ó traballo. QUENES SON OS CULPABLES?

Podemos pensar que o Servizo Medico, en canto profesionais da saúde, son os culpables de todo o que acontece.

Pero cargar toda a culpabilidade sobre este colectivo non seria de todo xusto, todos sabemos coma funciona o departamento de persoal, verdadeiro Servizo Medico na sombra.

Seguindo ordes da Dirección, @s RPH´s a pesar de que as súas batas non son brancas fan de matasáns tódolos días, preferimos dicir matasáns e non médicos cando falamos de Persoal.

Tod@s coñecemos o procedemento, cando o medico acude o taller para buscar un posto para un traballador/a é RRHH quen decide que postos están libres e poden ser indicados para a patoloxía do traballador/a. E sen estudar menciña! o que non pase en PSA…

A CUT QUE PROPON?

Nós propoñemos que o Sistema de Adaptación de postos sexa transparente. Que durante a tramitación do mesmo a información sexa veraz e que unha vez tomada unha decisión, esta sexa comunicada ó traballador/a por escrito, acompañada dun informe de adaptación no que conste toda a información incluíndo o nome dos responsables da adaptación.

Un proceso no que participen os representantes dos traballadores/as, e que no caso de discrepancias entre algunhas das partes: Empresa, traballador/a afectado/a ou sindicatos; se estableza a posibilidade de acudir a un organismo externo e imparcial.

Coma reflexión final, ante a situación que padecemos nos talleres @s traballadores/as, todos/as temos que preguntarnos para que vale a Comisión de Limitados; comisión integrada pola Dirección e os asinantes do Convenio Colectivo.

ERGONOMIA

Segundo a Organización Internacional do Traballo, a ergonomía é o estudo do traballo en relación coa contorna en que se leva a cabo (o lugar de traballo) e con quen o realizan (os traballadores/as). Utilízase para determinar como deseñar ou adaptar o lugar de traballo ó  traballador a fin de evitar distintos problemas de saúde e de aumentar a eficiencia.

Noutras palabras, para facer que o traballo se adapte ó traballador/a en lugar de obrigar ó traballador/a a adaptarse a el. Un exemplo sinxelo é alzar a altura dunha mesa de traballo para que o operario non teña que inclinarse innecesariamente para traballar

SITUACIÓN EN FÁBRICA?

Non podemos negar a mellora ergonómica na fábrica o longo dos anos, pero tampouco ninguén poderá negar que dita mellora, a causa do incremento nos ritmos de traballo non repercutiu na mellora da saúde dos traballadores/as. Igual agora o traballo non é tan penoso ou perigoso pero o número de operacións a realizar é maior e os movementos repetitivos tamén. O COMIDO POLO SERVIDO! .

A ergonomía nesta empresa persegue o segundo dos obxectivos que incluía a definición da OIT, aumentar a eficacia, en detrimento da protección da saúde. A pela é a pela.

RESPONSABLES? .

Neste tema a Dirección RRHH é a principal responsable, posto que tanto as inversións coma a política industrial precisan da súa aprobación.

POSIBLES SOLUCIÓNS?

O GRUPO PSA inviste millóns de euros en adaptar as liñas e as instalacións ós novos modelos, 4.0, pero deses cartos poucos destínanse a mellorar a ergonomía.

Este e un campo que permite, se realmente existe interese, no que mellorar a saúde dos traballadores/as. Non fai falla inventar a pólvora, soamente copiando melloras ergonómicas presentes noutras fabricas de automóbiles melloraríase a saúde e a calidade de vida dos traballadores/as. E a do produto.

E por suposto  frear os  altos ritmos e rematar cos  postos con tempos de traballo superiores o tempo ciclo, como xa dixemos, a “maquita” pode pesar menos, pero se a cambio fago oito coches mais, ou uso máis “maquitas” pouco beneficio lle saco.