Asembleas de profesorado ante a negativa da Xunta á súa estabilización

328

A CUT Ensino celebrará o próximo mércores 19 asembleas abertas en 5 cidade galegas para decidir as accións a tomar ante a negativa do goberno de Feijóo a aplicar a lei e estabilizar ao profesorado galego.

A CUT chama a todo o profesorado afectado e compañeiros funcionarios dos centros a participar delas e acabar dunha vez por todas coa precarización do cadro de persoal do ensino galego.   Consulta aquí a asemblea máis próxima:

MÉRCORES 19 DE XANEIRO 19.00H (Espazos ao aire libre, máscara obrigatoria)

– A CORUÑA: Cúpula do Parque de Eirís.

– VIGO: Escultura do bañista (A Laxe/Estación marítima)

– LUGO: Praza de Augas Férreas

– OURENSE: xardíns da Biblioteca Rosalía de Castro (Campus As Lagoas)

– COMPOSTELA: Xardíns da Residencia Fonseca (Campus Sur. Pza. Rodríguez Cadarso).

MÓVETE OU MÓVENNOS

AGARDÁMOSTE