Asemblea preparatoria do 29N no Morrazo

57

Como estaba previsto o venres pasado celebrouse a asemblea do Morrazo para preparar o “Ocupemos o Obradoiro do 29-N. Neste acto. que contou, ademais de coa presenza da dirección comarcal da CUT, cunha participación considerable dos distintos colectivos e movementos sociais actuantes no Morrazo, quedou deseñado o traballo para facer unha campaña masiva na comarca, para facer posible que esta data sexa un revulsivo nas conciencias do pobo traballador.Na asemblea púxose especial énfases na necesidade do traballo unitario para aglutinar a cantos máis sectores da sociedade. Quedou remarcada tamén a importancia no camiño ó 29N das convocatorias das manifestacións o día 6 de novembro nas sete cidades galegas. A comarca do Morrazo asistiría á de Vigo que sairía ás 20:00 horas da Praza de Fernando o Católico.Nos aspectos técnico e e loxístico da campaña, quedou aprobado o deseño da mesma. Poranse 90 faixas nos concellos da comarca, repartiranse 5000 manifestos, xa está a venda o bono-rifa de cara a sufragar os gastos da campaña. Haberá actos chamando ó 29N en todas as Vilas; Marín, Moaña, Bueu, Vilaboa e Cangas. Así mesmo, haberá andainas a pe desde todas as vilas para chegar ate Pontevedra dos do 24 ó 27 de novembro. Finalmente o obxectivo fixado na comarca será encher cinco autobuses o día 29N, ademáis da xente que vaia noutros medios.Na segunda parte da asemblea, falaron da represión os compañeiros de Solidaridad Obrera, Manuel Fernández e Arturo Acón,