Asemblea informativa da folga en curso en Urbaser-Redondela

92

O vindeiro xoves 14 de maio, ás 19:30, terá lugar na Praza da Constitución de Redondela, diante do Concello, unha asemblea informativa aberta a toda a cidadanía do comité de folga de Urbaser-Redondela co fin de dar a coñecer os motivos do paro.Tal e como denunciou o delegado da CUT na empresa, Alberto Covelo, a situación laboral en Urbaser-Redondela é escandalosa, cun incumprimento masivo e reiterado das condicións laborais pactadas no convenio e do propio prego de condicións asinado pola empresa e o Concello de Redondela no que se incumpre a obrigatoriedade de contratar, de xeito preferente, persoal procedente do mesmo Concello.A CUT-Urbaser entende que os conflitos laborais son tamén conflitos sociais que atinxen a toda a cidadanía, e máis aínda no caso dunha empresa que se encarga do mantemento dun servizo público como é a limpeza. Desde este punto de vista, a CUT-Urbaser fai un chamamento a toda a cidadanía de Redondela a acudir á xuntanza para coñecer de primeira man as penosas condicións de traballo nesta empresa.