Asemblea en Vigo do Sector do Metal da CUT

82

O vindeiro mércores día 26 de marzo ás 19´30, vai ter lugar na sede da central sindical en Vigo, a asemblea de afiliados do Sector Metal desta Comarca e a do Morrazo.Nesta Asemblea ademais de abordar a reestruturación organizativa e funcional, discutirase a planificación sindical de cara a negociación do vindeiro Convenio Colectivo Provincial do Sector.Tamén tratarase a posición da CUT o respecto das recentes imputacións represivas e xudiciais da última Folga e, finalmente a iniciativa da CUT á Fiscalía en materia do incumprimento reiterado da Prevención de Riscos Laborais no Sector Naval.