ASEMBLEA COMARCAL E INAUGURACIÓN DO LOCAL EN COMPOSTELA

62

O sábado día 11, ás 20 horas, vaise celebrar ASEMBLEA COMARCAL coa que inauguraremos o novo local sindical da CUT en Compostela, sito na Rúa do Sar nº 93. Na devandita asemblea informaremos da campaña E AGORA QUE? MOBILIZACIÓN PERMANENTE, que terá como primeira acción de rúa a manifestación convocada en Vigo o 16 de decembro ás 20 horas.

Despois da asemblea celebraremos unha cea no Restaurante TRIACASTELA ás 22:30 horas, tendo como data tope para nós apuntar o xoves día 9 de decembro.