Asasinadas por coidar

222

O sector dos coidados leva dende os seus inicios sendo un nicho de precariedade e explotación. No SAF cambiou a situación social, as necesidades das persoas que se benefician da asistencia domiciliaria, a dependencia e a discapacidade, pero ben é certo que non evolucionou o servizo de axuda no fogar en beneficio das traballadoras: maniféstase na baixa remuneración, na falta de recoñecemento de enfermidades laborais, na falta de apoio institucional e no incumprimento da lei de prevención de riscos laborais, sen existencia de protocolos de acoso laboral.

“As nosas compañeiras son esenciais pero invisibles, e deben afrontar soas o que se atopan nos domicilios (acoso, malos tratos, ameazas etc.), pondo en risco a súa integridade física e psicolóxica, día tras día.”

As nosas compañeiras son esenciais pero invisibles, e deben afrontar soas o que se atopan nos domicilios (acoso, malos tratos, ameazas etc.), pondo en risco a súa integridade física e psicolóxica, día tras día. E cando transmiten o que acontece, son xulgadas con represalias, obrigadas a volver ao domicilio ou  afastadas e en moitos casos perden o seu posto de traballo.

Tanto a Xunta coma os concellos e empresas privadas son cómplices de todo o que acontece no SAF. A falta de vixilancia e inspección e de maiores recursos, o desprezo polo seu labor,  levan ás traballadoras impunes a loitar na defensa dos seus dereitos e das súas vidas.

“Non podemos consentir que as traballadoras se atopen desprotexidas e con medo nos seus postos de traballo.”

Non podemos consentir que as traballadoras se atopen desprotexidas e con medo nos seus postos de traballo. Expresamos a nosa solidariedade e transmitimos a nosa forza e arroupe a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de risco laboral, xa que o que aconteceu non é puntual nin ocasional.