Persoal da empresa textil Vertifil, con sede en Moraña, concentrouse este mediodía diante do centro de traballo na primeira xornada de folga para reclamar melloras nas súas condicións laborais.
As principais reclamacións son as seguintes:
- Adecuar os salarios á actividade desenvolvida na fábrica.
- Frear a contínua redución do plantel.
- Adecuar as ratios de persoas á carga de traballo.
- Garantir a estabilidade a curto/medio prazo.
- Mellorar os problemas de saúde e psicosociais debidos ao aumento do estrés laboral e das cargas de traballo actuais.
As traballadoras pararán toda esta semana de luns a venres 4 horas en cada quenda (de 10:00 a 14:00 h, de 18:00 a 22:00 e de 02:00 a 06:00).
A práctica totalidade do cadro de persoal secundou con anterioridade os paros recentes.