As traballadoras de NH seguen sen cobrar o ERTE

379

As traballadoras de NH denuncian públicamente que a día de hoxe seguen sen cobrar, en virtude do expediente de regulación de emprego por forza maior ao que a empresa se acolleu polo peche dos hoteis derivado da alerta sanitaria que se activou no pasado mes de marzo.

O procedemento que activou o departamento de recursos humanos da empresa co SEPE segue sen ter resolución, para desesperación dos milleiros de traballadores e traballadoras da compañía. En reiteradas ocasión os representantes legais do persoal puxéronse en contacto coa empresa para que aclarasen os motivos polos que a día de hoxe a plantilla segue sen cobrar, despois de que a compañía nin tan sequera accedera a complementar o 100% do salario, entre otras reivindicacións que a parte social lle esixiu.

Despois dos millonarios beneficios que esta multinacional leva recadando para os seus accionistas, froito do esforzo e da plusvalía das traballadoras, NH nin sequera tivo a delicadeza de accionar mecanismos de pago consesuados.

A carga laboral diaria, a persecución á que se somete ao persoal para exprimilo ao máximo e a insoportable falta de respecto por quen xera os beneficios compénsanse deste xeito. Como diriamos coloquialmente, cunha patada no cú. Denunciamos tamén publicamente que o Goberno publicite a toda páxina que todo o mundo está cobrando a prestación dos ERTES, cando é unha falacia. A falta de recursos do SEPE para soster esta avalancha de demandas fai que nin tan sequiera se poida consultar a situación telefonicamente, xa que telematicamente dá continuos erros.

A quen decían que ían rescatar?
Por que sempre temos que pagar as mesmas?
Estamos moi fartas de tanta explotación e precariedade!