O pasado 24 de maio, a totalidade de traballadoras da limpeza da Xunta de Galicia (privatizada) e que actualmente xestiona a empresa Grupo Norte, sairon á rúa para reclamar xustiza polas súas condicións laborais.
Ningúnha muller ten a categoría de peón especialista e iso que son o 90% da plantilla. Adiviñan que categoría teñen case o restante 10% do cadro de persoal, é decir, os homes?. Pois si, unha vez máis queda de manifesto a desigualdade.
As traballadoras xa non se conforman con miserias é reaccionan a esta oferta ridícula con outra concentración diante da Xunta de Galiza en San Caetano o vindeiro xoves 31 de maio ás 11:00 horas.
Por se isto fora pouco, a carga laboral en moitos dos postos é extrema, xa que non se cubren as ausencias por baixa laboral, vacacións, asuntos propios…
A saúde destas traballadoras deteriórase co paso do tempo (tendinite, sobrecargas musculares, dores de espalda, articulacións danadas….).
Despois de varias reunións coa empresa infructíferas, na última xuntanza Grupo Norte ofertou pasar á categoría de peón especialista a catro traballadoras-es con máis antigüidade este ano,e así nos sucesivos anos para evitar mobilizacións diante de San Caetano.
As traballadoras xa non se conforman con miserias é reaccionan a esta oferta ridícula con outra concentración diante da Xunta de Galiza en San Caetano o vindeiro xoves 31 de maio ás 11:00 horas.
Esixen que todas as mulleres con unha antigüidade mínima de tres anos pasen á categoría de peón especialista de xeito automático e avisan á Xunta de que non van parar ata acadalo.
Porque se alguén é especialista en limpar a administración pública son elas, co seu esforzo cotiá.
Aviso a navegantes, que ninguén poña en dúbida a capacidade de loita destas guerreiras profesionais.
A loita continúa!