AS MENSAXES DE ZP

72

 Zapatero e o seu coro mediático queren meternos na cabezota que a crise é moi profunda, que aínda non se lle ve o final, e, polo tanto fan falta sacrificios. As medidas, sendo coñecidas, non está mal lembrar algunha delas:

  • Descóntase a todos os/as traballadores/as da administración pública do 5% no seu salario.
  • Conxélanse as pensións dos vellos.
  • Sóbense os impostos indirectos, así pagámolos entre todos.
  • Ponse en marcha a reforma laboral que precariza contratos e salarios facilitando e abaratando o despedimento, sendo a conta da casa (o Estado) o 8% dos pagos. O paro dobra o da eurozona e crecen as familias con todos os seus membros no paro.
  • Iníciase un proceso de privatizacións en toda a administración e servizos públicos, deixándose de proporcionar servizos até agora considerados como esenciais.
  • Esténdese, como unha marea, a situación de pobreza entre as clases máis desposuídas.
  • Agora queren subir a idade de xubilación e o tempo de cómputo.
  • E prepáranse máis medidas, o copago…

Mentres:

  • Para os bancos e caixas, o que precisen!.
  • Os ricos seguen sen cotizar polo diñeiro das SICAV.
  • Nada de perseguir a economía somerxida.
  • As empresas apenas pagan impostos polos seus beneficios.
  • Os paraísos fiscais, por algo son paraísos. Como os van controlar!.
  • Os impostos que se lles reduciron aos ricos en época de bonanza. Cómo se lles van a subir agora?.
  • Os salarios sofren o dobre de carga fiscal que o capital.
  • Etc. Etc. Etc.

Iso si, cando a situación mellore, o magnánimo Presidente do Goberno asegura que volverá a subir as pensións, os salarios aos traballadores/as da administración pública…  O discurso é así de simple, pero así de duro. Cando paguemos a súa crise recuperaremos a normalidade, é dicir, unha explotación máis humanitaria.  A mensaxe ten dúas claras direccións, unha ao sector máis desmobilizado da clase traballadora para acrecentar e/ou xustificar o seu conformismo. Outra aos sindicatos do pacto, aos que difundiron a filosofía de que “é mellor un mal pacto que non ter pacto”. Tenta aplacar a súa xa endeble fortaleza prometéndolle un futuro onde volver a exercer as funcións que viñan realizando até agora.  Esa mensaxe non ten en conta aos verdadeiros sindicatos de clase, aos que pensamos que non podemos dar marcha atrás, aos que cremos que hai que continuar na senda da mobilización enfrontándonos aos nosos inimigos de clase sentíndonos representativos dos intereses dos traballadores/as.  Repetimos, o camiño marcouse, como viñamos reclamando desde hai anos, o día 29 s e non hai volta atrás.