As Marchas da Dignidade, recibidas no Parlamento

71

Co fin de recadar apoios cara á mobilización do 19 de novembro no Obradoiro, os representantes das Marchas da Dignidade reuníronse con parlamentarios de AGE, o BNG e o Grupo Mixto.Arredor de vinte persoas en representación das máis de 60 organizacións populares que forman parte das Marchas da Dignidade reuníronse onte no Parlamento para solicitarlle o seu apoio aos deputados de AGE, o BNG e o Grupo Mixto á mobilización que terá o lugar o vindeiro 29 de novembro na Praza do Obradoiro co fin de expresar a oposición da sociedade galega ás políticas regresivas, antipopulares e autoritarias impostas pola Troica, o goberno de Madrid e a Xunta de Galicia.Na mesma xuntanza, os representantes das Marchas entregáronlles aos parlamentarios un manifesto que, baixo a lenda O 29-N TOMAMOS O OBRADOIRO: CONTRA A CORRUPCIÓN E OS CORRUPTOS, PAN TRABALLO E TEITO, facía unha exposición dos motivos que impulsan este movemento: precarización do traballo, supresión de servizos sociais esenciais, paro masivo, recortes en Sanidade e Educación, e da necesidade de impulsar políticas que garantan o acceso de toda a poboación a PAN, TRABALLO e TEITO. Este manifesto pódese descargar aquí. [PDF 1Mb]Os deputados de AGE, Xosé Manuel Beiras, Xavier Ron, Eva Solla e Yolanda Díaz manifestaron a súa adhesión e apoio total ás Marchas da Dignidade, mentres que os do BNG e Chelo Martínez reclamaron que as Marchas da Dignidade reclamen unha maior cota de autogoberno para Galicia. Cómpre dicir, neste sentido, que as Marchas da Dignidade se declaran favorables ao dereito á autodeterminación dos pobos e ao proceso independentista catalán.Nesta ligazón podes acceder a unha galería de fotos da recepción das Marchas no Parlamento.