A pasada fin de semana celebrouse en Madrid a asemblea de coordinación estatal das Marchas da Dignidade. O compañeiro Manolo Camaño estivo presente representando á CUT. Tamén asistiu a dito evento o compañeiro Xosé Carlos Costoya en representación da Columna Galega. A esta asemblea asistiron a case totalidade de organizacións sindicais e políticas que conforman as MdD, así como os máis importantes movementos sociais do estado.Esta asemblea das MdD valorou como moi positivo o resultado das mobilizacións que tiveron lugar en todo estado español o pasado 29 de novembro, entre outras o Ocupemos o Obradoiro. Nese mesmo sentido, analizouse e volveuse a denunciar as corporacións sindicais CCOO e UGT, diante do intento de suplantar o chamamento do 29, onde, cun oportunismo inclasificable, trataron de desvirtuar o noso movemento. No eido dos acordos acadados, quedou establecida a axenda para o ano 2015, que se concretaría no seguinte: 1º.- Mobilización multitudinaria en Madrid o sábado 21 de marzo, co formato do 22M. Estaría por definir no vindeiro encontro de coordinación estatal no mes de xaneiro, os aspectos técnicos e loxísticos de dita mobilización. 2º.- Convocatoria do 1º de Maio feita polas Marchas da Dignidade. Este acordo non significa invisibilizar o papel dos sindicatos clasistas e alternativos, máis ben enténdese a necesidade de compartir o protagonismo cos movementos sociais, na liña eetratéxica da unidade obreira e popular. 3º.- Convocatoria de Folga Xeral, obreira, social e de consumo o 22 de outubro. No mesmo sentido de concrecións, aprobáronse darlle o apoio a mobilizacións sectoriais e asumidas polas MdD, contra a pobreza e a exclusión social neste nadas, solidariedade cos estudantes mexicanos, campaña contra a Lei Mordaza, mobilizacións das PAHs e o 8 de marzo apoiar decididamente as mobilizacións sobre os dereitos das mulleres.