As diferenzas importan

102

As diferenzas importan

 Son iguais todos os sindicatos?

Non, nin somos iguais nin somos o mesmo.

13 setembro 2022

Hai sindicatos creados polas propias empresas, denominados sindicatos amarillos (termo orixinario de francia). Se usan para defender prioritariamente os intereses do empresario e frear aos sindicatos de clase traballadora.

Hai sindicatos que se arriman á empresa para conseguir prebendas e quedan hipotecados na súa acción sindical. Os seus lideres locais asinan acordos na empresa e despois na rúa se manifestan contra eses mesmos acordos noutras empresas que non son as súas. Y estamos os sindicatos que non temos hipotecas e defendemos a clase traballadora contra os abusos dos empresarios.

Que sindicatos hai na citroen?

A maioría sindical a ten o sindicato “amarillo”, e despois temos sindicatos dos definidos no apartado anterior.

Que importancia ten ser de un ou de outro?

CUT, o sindicato das persoas traballadoras. SÚMATE

                                         

                                                                                                   

O vindeiro mes celébrase un proceso protexido pola lei, que son as eleccións sindicais. Nelas se escolle o comité de empresa e delegados sindicais que van a representar ao conxunto das persoas traballadoras na fábrica durante os próximos catro anos. Aqueles que decidiran coa súa acción ou inacción o futuro das nosas condicións laborais.

Mellorar ou empeorar as condicións. Traballar máis e cobrar menos. Gañar ou perder dereitos. Estabilidade no emprego, promocións, etc.

Estas son cousas que se deciden no momento de votar e que nos afectan a todos/as fixos i eventuais.

Nos recortes económicos e sociais do ano 14, hai quen se puxo de lado. Quen votou en contra da folga proposta pola CUT e quen non asinou os recortes pero os asumiu no seguinte convenio.

Quen queres que te represente cando veñan os próximos chantaxes e recortes para adxudicación de novos modelos?

Esta é a importancia de escoller adecuadamente en quen depositar a túa confianza e o teu voto.

E a empresa e algúns sindicatos coñecedores deste feito, vai tentar influenciarnos na liberdade de escoller das persoas, como ven sendo habitual. Poñendo en marcha a maquinaria  do medo e das prebendas. Pero non ten para todas! Sábeno ben os que levan anos para ascender de categoría, para “novar”, para quedar fixos. Promesas e promesas incumpridas ano tras ano.

Na CUT pode que non teñamos a chave para arranxar todo de golpe, pero sabemos que portas non cruzar e que camiños non se deben volver a tomar.

Ata as eleccións invitámoste a recordar, reflexionar, sobre o acontecido ata o de agora, e sobre todo, o que pode suceder no futuro.