Arranca a campaña do Ocupa o Obradoiro en Vigo

183

Antonte celebrouse na sede da CUT en Vigo, a xuntanza da coordinadora comarcal das Marchas da Dignidade. Asistiron a maioría das organizacións e colectivos integrados na Columna Galega. Do campo sindical ademáis da CUT, estiveron @s compañeiros de: SF-IN e STEG. Anova, EU, Podemos, XXCC e FPG como organizacións políticas. E dos movementos sociais asistiron: Marchas Mundial das Mulleres, Ecoar, Acouga, PAH Vigo-Baixo Miño e AGABO Hugo Chavez.Esta xuntanza é o punto de arranque na comarca de Vigo da campaña para a movilización nacional galega do vindeiro 29 de novembro. En dita xuntanza que moi participada tense acordado, que a maiores das decisións que se determinen a nivel nacional, desde as Vilas desta comarca como; Tui, Porriño, Redondela, Val Miñor ou Morrazo, váiase perfilando os aspectos técnicos da campaña.
Desde a comarca de Vigo, facemos un chamamento ó resto do País para asumir con ilusión este novo reto de movilización nacional. A integración plural de todos os lumes de loita vai ser determinante para lograr o obxectivo fixado.
Tamén en Lugo está previsto o inicio da campaña de movilización. Concretamente o mércores da semana vindeira terá lugar unha presentación no C.S. O Carneiro Alado, ás 20 horas, coa presencia de Carlos Costoya do SF-CI, Angel Valladares da CGT e o compañeiro Manolo Camaño en representación da CUT.