APOSTASIA

Renuncia que fai unha persoa das súas crenzas relixiosas ou políticas e abandono da súa relixión ou do partido político ao que pertencía

250

As malas condicións de traballo que temos que sufrir no día a día nesta fábrica, son en gran parte consecuencia dos acordos asinados entre a empresa e unha maioría sindical. A dirección non podería actuar como actúa, sen as vantaxes que no nome dos/as traballadores/as uns poucos lles deron a cambio de nada, aló menos para o colectivo.

Algúns, como se acabaran de aterrar nesta fábrica, descubriron agora as duras condicións de traballo. Non imos dubidar da súa sincera análise da situación, nin da súa sincera preocupación polas condicións laborais, pode ser, que naquel momento consideraron que ditas medidas eran necesarias e ata boas para o futuro da fabrica e dos/as traballadoras/es.

Tal vez o problema sexa o mal uso que a dirección fai dos acordos asinados, ou máis ben que xa eran malos dende o principio. Dende a CUT queremos crer que agora déronse conta que trabucáronse, igual tiñan que haber dito NON en lugar de SI. Colocaríaos nunha posición difícil fronte a Empresa, pero evitaría a actual situación que sufrimos nos talleres. Na CUT sabemos cales son as consecuencias que conleva facer unha oposición real, e non de carácter estético.

Alédanos este cambio de actitude, pero unha vez recoñecidos os erros, o seguinte paso seria tratar de corrixilos. Sobre todo, para evitar que xente mal intencionada, que a hai, os tache de oportunistas, ou que tentades mudar a chaqueta ante a proximidade das eleccións sindicais. Escóitanse rumores, aos que non facemos caso, de que o mesmo fixeron nas eleccións sindicais de 2010 e do 14.

Son innumerables as denuncias que a Sección Sindical da CUT ten interposto nos xulgados do social, a ultima contra o acordo dos sábados obrigatorios de bolsa de horas, e a aplicación interesada que fai do acordo a dirección da empresa, onde intentabamos que a mesma tivera que sentarse a negociar de novo.

O documento establece un sábado obrigatorio ao mes, e a empresa establece outro criterio interesado por períodos produtivos. Deste xeito o ano pasado habendo sábados que coincidían no mesmo mes, obrigounos a ter que traballar 2 sábados en lugar de un, porque interesadamente facía lectura que os períodos produtivos eran diferentes. Haberá quen entenda que deste xeito interpretado pola empresa favorece o colectivo a hora de escoller sábado, pero os números din todo o contrario.

O xulgado numero 3 de Vigo, ven de ditar sentenza a semana pasada e desestimar a nosa demanda, amparándose nunha xuntanza da comisión de conflitos que emana do convenio colectivo , que con nocturnidade e aleivosía antes de celebrarse o noso xuízo, reuniuse, acordando polos seus integrantes (Dirección-SIT,UGT,CC.OO), que a interpretación correcta e o espírito era o que a empresa viña poñendo en practica, polo tanto a gran coalición no comité, invalida a redacción que as partes incluso acordaron no documento de bolsa de horas e da recuperación de sábados obrigatorios, dando coma bo o criterio da empresa.

O letrado da empresa facíase eco entre sorrisos da acta de dita comisión, e da interpretación que fixeron e acordaron as partes, da cal a CUT como parte integrante do comité de empresa non tiña coñecemento. Non agardabamos que nos deran traslado do acordo a dirección ou o amarelo que son o mesmo, pero cando menos “os supostos sindicatos de clase” que a configuran. So dicirvos que temos outra demanda presentada, polo criterio abusivo que esta dirección fai nos descontos da bolsa de horas. Seguide na vosa liña de servir o patrón!.

Dende a CUT so quereremos facervos unha ultima humilde suxestión, para acalar a todas esas persoas que dubidan das vosas sinceras intencións APOSTATAR!!!. Renunciar a comisións do convenio como a de Tempos e Rendementos, e aqueles acordos que asinásedes que non evitan os altos ritmos, nin as malas composicións, nin a mala aplicación do Andon. Ou a comisión de limitados/as, que non serve para acadar postos adecuados de traballo para os/as traballadores/as con restricións medicas, ou calquera outra, que o único que facedes participando delas, é xustificar as accións desta dirección.

CAMARADAS!!!, SENON SODES PARTE DA SOLUCIÓN, SODES PARTE DO PROBLEMA