APOIO DAS PERSOAS AFECTADAS POLAS PREFERENTES ÁS TRABALLADORAS DA CRTVG

67

Reproducimos, polo seu interese, o comunicado que a plataforma do Morrazo de afectad@s polas Participacións Preferentes veñen de emitir en solidariedade coas traballadoras e cos traballadores da CRTVG.A plataforma do Morrazo de afectad@s polas Participacions Preferentes e Deuda Subordinada de Novagalicia Banco, quere transmitir o apoio incondicional, solidaridade e respecto a tod@s @s profesionais da CRTVG polas repercusións que están a padecer a causa da visita ás instalacións da TVG de un numeroso grupo de afectados/as, coa intención de solicitar ó Director Xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo unha maior cobertura, transparencia e obxetividade no tratamento da información.Subliñamos que non existiu en ningún momento complicidade cos traballadores/as para levar a cabo as nosas reivindicacións, manifestando que foi un acto voluntario e non previsto pola plataforma.Pensamos que a Television de Galicia é pública e debe estar o servizo d@s galeg@s con total honestidade na divulgación do que acontece neste país, algo que a dirección de este ente ocultaba con desatino, eludindo responsabilidades e compromiso.Agradecemos o trato recibido polas persoas de este medio que se sensibilizaron co noso problema.Plataforma Afectados Participaciones Preferentes Morrazo