Apoio da CUT a PIT-CNT e á clase traballadora Uruguaia

61

Desde Galicia, da Central Unitaria de Traballadoras (CUT) diante da xornada de mobilización e loita prevista para mañá en Uruguay queremos transmitirvos a PIT-CNT e á clase traballadora dese País irmán, o noso mais forte apoio e solidariedade, desexando que dita xornada de paro e mobilización constitúa un punto de inflexión de cara á nova etapa que comeza para os e as traballadoras e sectores populares en Uruguay.

Somos conscientes das dificultades que enfrontades que non son moi diferentes das nosas en Galicia, nun momento histórico ademais, de recesión capitalista que se solapa cinicamente na crise global sanitaria do Covid19. Efectivamente, as elites  coa aplicación do recetario da doutrina do choque, coa coartada da pandemia están aplicar -e farano no futuro- medidas agresivas á clase traballadora.

De igual maneira, estamos convencidos que o mellor dique de contención ás políticas neoliberais emanada das dereitas mais reaccionarias e da socialdemocracia, será o compromiso de loita e de combate do sindicalismo clasista.

Desde a CUT de Galicia reiterámosvos nosa mais firme solidariedade con PIT-CNT e coa xornada de loita de mañá.