APOIO Á MOBILIZACIÓN POLA NON COBERTURA DAS BAIXAS

139

Dende a CUT Ensino queremos comunicar o noso apoio á mobilización que terá lugar mañán día 16 ás 11.30 h  en San Caetano por parte dos delegados do sindicato maioritario CIG, xa que consideramos que aínda sen ter sido convidados como organización sindical non podemos perder ningunha ocasión para chamar á mobilización  na mellora do sistema público e a defensa das traballadoras do ensino.

Chamamos por tanto á participación do profesorado que estea en disposición de acudir á concentración mañán e queira apoiar esta reivindicación necesaria.

O profesorado temporal sofre de maneira abusiva os vaivéns continuos da administración e o incumprimento constante dos acordos da mesa sectorial, na que o compromiso de cubrir baixas inferiores a 15 días non se está a cumprir, sendo o alumnado desatendido por longos períodos e os docentes das listas de substitución privados de desempeñar o seu traballo xa precario de partida.

Dende a CUT reiteramos aos sindicatos da mesa de negociación e aqueles outros con representación, a necesidade de dar estabilidade ao profesorado temporal, tanto durante os chamamentos como na situación global de abuso de temporalidade e sumarémonos a calquera iniciativa na defensa das traballadoras precarias do ensino.

Chamamos novamente á reflexión e a iniciar unha mesa sindical conxunta na que marquemos liñas de acción conxuntas e de contundencia antes do mes de xuño.