Apoio á manifestación contra os recortes no ensino convocada na Área de Vigo

102

Dende a CUT difundimos, a petición das organizacións convocantes, o chamamento para acudir á manifestación esta tarde ás 19.00h en Vigo. Non podemos máis que apoiar as súas xustas reivindicacions en nome dun ensino público de calidade e a mellora das condicións laborais do profesorado. 

COMUNICADO FOANPAS E ADICOPUVI: 

INFANCIA= DIVERSIDADE

POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA

Prezadas familias:
Como sabedes, neste inicio de curso, os centros de ensino público de  Galicia estamos a atravesar unha situación complicada pola falta de recursos e dos continuos recortes de profesorado. 

A situación é máis crítica para a rapazada con Necesidades Específicas de 
Apoio Educativo (NEAE)… mais isto afecta a todo o estudantado.Isto non é unha batalla ocasional. É unha guerra planificada e sen cuartel na  que toda a comunidade educativa (profesorado, persoal de apoio, crianzas e familias) somos vítimas e/ou danos colaterais do desleixo de quen nos goberna.

Porque as NEAE non son algo alleo e de poucos/as… e todo o alumnado 
pode precisar nalgún intre, de xeito puntual ou permanente, dalgunha forma de apoio educativo.
E por iso que, xunto a ADICOPUVI (Asociación de Directoras/es dos Colexios Públicos de Vigo), convocamos a toda a cidadanía a unha MANIFESTACIÓN de protesta:

MÉRCORES 16 de OUTUBRO 2024 ás 19:00 horas
SAÍDA DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ