ANÁLISE E ALEGACIÓNS Á PROPOSTA DE CONSOLIDACIÓN DA CONSELLERÍA

1420

Dende a CUT Ensino analizamos no seguinte documento a proposta da Consellería presentada onte para a aplicación da Lei de Redución da Temporalidade.

Esta proposta, sendo un avance, presenta numerosas eivas que atallar para emerxer todas as prazas precisas para as docentes precarizadas.

Presentamos as nosas alegacións, que podedes atopar no PDF final, por vía electrónica á administración e chamamos ás OOSS de novo a unha liña de traballo conxunta e transparente para non deixar a ninguén atrás.

O vindeiro martes 29 a Consellería pretende presentar unha cifra sen o previo estudo rigoroso de prazas a ofertar que de non achegarse substancialmente ao número de afectadas e prazas que marca a lei, terá sen dúbida a resposta deste sindicato nas súas portas.

Agardamos de todos os axentes implicados nestas negociacións a altura de miras suficiente para dar saída a todo o persoal temporal do ensino ata acadar non o 8, senón o 3% necesario para o correcto funcionamento da administración educativa.

Coordinadora da CUT Ensino 

ÁNALISE DA PROPOSTA SOBRE A CONSOLIDACIÓN