Queridas compañeiras/os,
no día de hoxe ás organizacións asinantes do acordo de interinos fixeron o seguinte comunicado (extracto):
“Ao abeiro da lei 20/2021 do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, terá lugar unha convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal polo sistema de concurso. Tendo en conta as expectivas dun número importante de interinos de obter praza neste proceso, as catro organizacións sindicais asinantes do acordo interinos (CSIF, CCOO, ANPE e UGT ) consideramos razoable asinar unha addenda que permita a permanencia nas listas sen presetarse aos procedementos selectivos do ano 2022 ao persoal interino e substituto.”
- Dita adendda pretende aprobarse na vindeira mesa sectorial e afectaría aos 3 procesos convocados en 2022 (ordinario neste mes de xuño e os 2 de estabilización: concurso de méritos e extraordinario de concurso-oposición).
Dende a CUT Ensino queremos ALERTAR AO PERSOAL TEMPORAL DO SEGUINTE:
1. A Lei 20/2021 (do que emanan os 2 procesos de estabilización) establece que no caso de non presentarse aos procesos e ser despedido, NON HABERÁ DEREITO Á INDEMNIZACION PREVISTA POLA LEI.
“Corresponderá una compensación económica, equivalente a veinte días de retribuciones fijas por año de servicio, prorrateándose por meses los periodos de tiempo inferiores a un año, hasta un máximo de doce mensualidades, para el personal funcionario interino o el personal laboral temporal que, estando en activo como tal, viera finalizada su relación con la Administración por la no superación del proceso selectivo de estabilización.”
“La no participación del candidato o candidata en el proceso selectivo de estabilización no dará derecho a compensación económica en ningún caso.”
2. En caso de levar ao xulgado unha reclamación de fixeza no posto por fraude de lei, a parte xulgadora pode aprezar desidia ao non presentarse sequera ao procesos convocados. Non é determinante pero non xoga a favor.
Como sindicato defensores da clase obreira explotada pola Xunta de Galicia exiximos que os sindicatos asinantes INFORMEN CORRECTAMENTE SOBRE OS DEREITOS DO PERSOAL TEMPORAL.
É intolerable que omitan a información referente á perda de dereitos ao non presentarse aos procesos, nunha loita incesante pola destrución dos postos de traballo da clase traballadora precarizada do ensino, cun fin que non pode ser outro que contentar ao patrón que os subvenciona: falsos acordos de estabilización; resistencia a aplicar o concurso de méritos; total laissez faire á Consellería cunha lei de estabilización na man que podería dar solución a todas as afectadas, etc
A CUT non vai tolerar este tipo de políticas corporativistas e antisindicais no detrimento dos dereitos da clase traballadora e defenderá a aquel docente despedido que pretendan non indemnizar en base a un dereito mal informado desta addenda. Os sindicatos promotores están a tempo de modificar o texto e aclarar dita perda de dereitos como responsables da medida.
A 7 días da publicación da oferta de estabilización isto é todo o que teñen que achegar os sindicatos asinantes ás estabilización, mentres deixan facer ás súas anchas a Rueda e Román e prevaricar na aplicación Lei.