Admiten a trámite a ILP pola consolidación do emprego: comeza o traballo duro

1800

A Mesa do Parlamento de Galiza vén de admitir a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular da CUT sobre a consolidación de emprego no Sector Público galego. Agora, tras os trámites de rigor e a impresión dos pregos, a polas 10.000 sinaturas.

A Iniciativa Lexislativa Popular que a CUT presentou, destinada a consolidar todo o emprego temporal en fraude de lei da administración galega a través dun concurso de méritos (consulta aquí), vén de ser admitida pola Mesa do Parlamento de Galiza, e as promotoras foron emprazadas pola Xunta Electoral de Galiza para a presentación dos últimos trámites.

Agora chega o traballo duro, no que se trata de conseguir as 10.000 sinaturas que a Lei require para que esta norma saia adiante. Neste momento que pode levar ao persoal temporal da administración galega en abuso de lei a ter voz propia no Parlamento Galego, cunha proposta que lle poña fin á precariedade, a CUT precisa de todas as mans.

Durante os catro meses que seguen deben acadarse as sinaturas necesarias para que a ILP chegue ao Parlamento, polo que esta oportunidade históricas queda nas mans de todas nós, as que sufrimos durante anos sen apoio sindical, institucional ou xudicial a miseria, a discriminación e o esquezo.

A CUT fai un chamamento á colaboración do colectivo de temporais de Galiza nesta inciativa, coa posibilidade de presentarse como fedatarias para a recollida de sinaturas por todo o país. Para isto podes dirixirte ao e-mail empregopublico.cutgaliza@gmail.com.

Así mesmo, a CUT convoca unha xuntanza virtual por Zoom, o vindeiro día  17 de maio, ás 17 horas, na que calquera temporal en fraude de Lei de Galiza, sexa sindicada ou non o sexa, a este ou calquera outro sindicato, pode participar. Agora esta ILP é cousa de todas.

Podes acceder a ese encontro na seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/j/84658872226?pwd=Si95NnJDN242Q0NXRFJLN3JLOUZMQT09
. A ID da xuntanza é 846 5887 2226 e a contrasinal 124565

Por razóns de seguridade, coa intención de evitar que todos os axentes que levan anos blindando a discriminación dificulten o transcurso deste encontro, será requisito incorporarse coas cámaras acesas. A xuntanza comezará puntual, por repecto aos tempos das traballadoras e traballadores que queiran camiñar connosco a polas 10.000 sinaturas. Imos alá!