Adíase o noso VII Congreso até a primavera de 2022

228

CIRCULAR URXENTE 1/02 (03/02/2021) – VII CONGRESO

Á atención de toda a afiliación.

Reunido o Secretariado Nacional, máximo órgano de dirección entre congresos, na sede de Compostela, o día 2 de febreiro de 2021,

ACORDA:

Aprazar o VII Congreso ata a primavera do ano 2022 -en data aínda por determinar- rectificando a decisión do Secretariado Nacional do 3 de novembro do 2020, que convocaba o Congreso para outubro do ano 2021, en base ao

SEGUINTE:

Primeiro: é ben coñecido por toda a afiliación a situación que se está a vivir derivada da COVID-19, situación que afecta dende varias ópticas á hora de celebrar o Congreso: saúde, mobilidade, asistencia, asembleas preparatorias, grupos de traballo…

Segundo: ante as dificultades anteriormente descritas, e na busca de garantir un congreso traballado e participado pola base afiliativa, así como avogando polas máximas garantías democráticas, este SN entende que non é viábel celebrar o congreso en outubro.

Terceiro: este aprazamento dá unha marxe maior para traballar, en ningún caso supón unha parálise dos traballos iniciados, máis ben ao contrario: debemos incrementar os esforzos na elaboración dos textos e na participación da afiliación, requirindo isto ser imaxinativas e realistas á hora de elaborar as canles de participación, adaptándoas ás circunstancias sanitarias e a unha participación verdadeiramente democrática.

Cuarto: os diferentes órganos directivos do sindicato deben marcar nas súas axendas o VII Congreso, para así trasladarllo á afiliación.

En Compostela,

Ricardo Castro Buerger
Secretario Xeral