Aproveitando a celebración da Asemblea Estatal das MMdD o vindeiro sábado en Cangas, a CUT organiza un acto de apoio a este movemento onde estamos integrados. Terá lugar o venres 16 ás 19,30 horas no Salón de Plenos do Concello cangués.Neste acto intervirán o escritor e poeta Pepe Álvarez Cáccamo, o secretario xeral da IAC de Catalunya, Lluís Blanco, a portavoz de Red Roja, Nines Maestro, Javier García do SAT, o secretario xeral do SF-CI Rafa Escudero, Ginés Fernandez da Fronte Cívica, J.M. Políz secretario xeral da CGT e o noso compañeiro Manolo Camaño.Comeza así para a CUT unha nova andaina de mobilización e de concreción da unidade obreira e popular, en base á axenda deseñada polas MMdD para este 2015, que ten como referencias fundamentais a volta a Madrid o vindeiro 21 de marzo e a convocatoria de Folga Xeral para o 22 de outubro. Con ilusión, compromiso e traballo, sairemos adiante.Para acceder a unha imaxe ampliada do cartel, preme aquí.