Onte desconvocouse en Copo Ibérica a folga indefinida que estaba previsto comezar hoxe mércores 4 de decembro pola ruptura das negociacións do novo convenio colectivo. O motivo, a sinatura no AGA, poucas horas antes do inicio do paro, dun acordo que se materializa nos seguintes puntos:
- Incremento salarial Grupos 1 ao 7
- 2019: 2% consolidado retroactivo
- 2020: 2% consolidado
- 2021: 2% consolidado
- Total 6%
- Para o Grupo 8:
- 2019: 3% consolidado
- 2020: 2% consolidado
- 2021: 2% consolidado
- Total 7%
- Postos indefinidos: Ademais dos postos marcados en convenio, 12 persoas a maiores dos que por Convenio teñan que facerse por superar a porcentaxe de eventualidade.
- Paga por firma convenio: 300€ non consolidados.
- Paga resultados en Xuño: ata o 1% dependendo de resultados da empresa.
- Fondo social: aumento a 15.000€/ano para cubrir facturas que non cubre a seguridade social para o traballador/a, conxugue e fillos/as.
- Aumento entrega de roupa laboral
- Mellora na calidade do calzado
- Marxe de media hora de entrada para o persoal técnico
A loita é, e será sempre, o único camiño. E a folga, unha das nosas mellores ferramentas!