A mañá do pasado venres produciuse un accidente laboral en Marín, na fábrica “Poliéster Bidasoa”, no que resultou ferida unha traballadora, Pilar Gago, e un traballador que responde ás iniciais J.P.L. O accidente tivo lugar ao manipular unha máquina de acetona.Este accidente é unha mostra máis dos riscos aos que estamos sometidos os traballadores e traballadoras, riscos psicolóxicos e físicos, que serven para enriquecer aos de sempre. Non só nos expropina a plusvalía, senón tamén a saúde, e cada vez pagando menos.A CUT solidarízase cos dous traballadores afectados e as súas familias e esixe unha investigación dos feitos e o pago de culpas por parte dos responsábeis da empresa.