ACCESO AO CONCURSO DE MÉRITOS ESTATAL

740

SAÍDA DE DOCENTES ANTE O ABANDONO SINDICAL

XA DISPOÑIBLES AS CONVOCATORIAS PARA A SÚA CONSULTA

Saír do país, perder o talento, a formación e o valor do profesorado experimentado. Esta é a saída que deixan sindicatos e Xunta de Galiza ante a oferta de estabilización da vergoña. Na Galiza non hai prazas ofertadas para as afectadas e moitas decidirán probar sorte lonxe da familia, da casa, cunha media de 45 anos e sen outra perspectiva de estabilidade laboral tras anos no ensino público.

O concurso estatal de estabilización convértese nun xogo perverso, sen sentido de permanencia onde se traballa, onde o “sálvese quen poida” impera. Permítese que uns opten ás prazas de administracións nas que nunca traballaron e aquí sobrevivirá o máis forte ou o máis disposto a emigrar. 

Este foi o último regalo de Feijóo antes de marchar a Madrid co consentimento da mesa sectorial galega: se queredes estabilizar terá que ser fóra, aquí non.

INFORMACIÓN PARA A EMIGRACIÓN DOCENTE AO RESTO DO ESTADO

*PRAZO DE MATRÍCULA: EN TODAS AS COMUNIDADES (AGÁS GALIZA, EUSKADI, CATALUNYA E CANARIAS) DO 21/11 AO 21/12

LUGAR DE MATRÍCULA: na páxina web da comunidade autónoma que elixas como primeira opción. Alí terás a opción de establecer unha orde de preferencia do resto de comunidades.

*BAREMO: é o mesmo para todas elas, feito polo Ministerio de Educación. A data tope de perfeccionamento dos méritos é a data de fin de convocatoria (21 de decembro).  Podes consultalo aquí: BOE BAREMO 

*PAGAMENTO DE TAXAS: unha soa vez por especialidade na páxina web da CCAA que elixas en primeiro lugar.

*PÁXINAS DE ACCESO ÁS DIFERENTES CONVOCATORIAS DE CADA COMUNIDADE PULSA AQUÍ