Abusiva proposta de servizos mínimos da Xunta de Galicia para a folga do 8M

111

A proposta de servizos mínimos para centros asistenciais de titularidade privada de atención a persoas maiores e/ou con discapacidade é directamente unha tomadura de pelo ao indicar que se designarán coa mesma intensidade con que os servizos esenciais se ven atendidos nun día festivo.

En moitos destes centros os días festivos son días normais de actividade, polo que imposibilita que as traballadoras, e sobre todo as máis precarizadas, poidan exercer o seu dereito á folga.

Por outro lado, debería especificar que servizos se deberían prestar e cales serían as funcións indispensables que deberían realizar para poder atender ás persoas usuarias destes centros e ao mesmo tempo permitir o dereito á folga das súas traballadoras.

Un exemplo: Na Fundación San Rosendo que conta con 70 centros na Galiza (59 para persoas maiores e 11 para persoas con discapacidade) os días festivos son coma días normais, só se ven alteradas as actividades de fisioterapia e actividades socioculturais. Os fins de semana aumenta a carga de traballo das xerocultoras, pero para facer limpezas; porque esa é outra, non existe persoal contratado específicamente para realizar as tarefas de limpeza, lavandería, recepción…; senón que son asumidas polas propias coidadoras. E esta é unha reivindicación que temos, que se nos valore coma profesionais e que non se nos obligue a reproducir no centro de traballo o que realizamos na casa.