Denuncia: Perante a empresa antes da semana santa, ante o estado dos filtros de auga potable, das cafeteiras e das fonte. Presentan un estado de limpeza que non parece moi saudable con lisos e posos acumulados. Esperamos que a empresa tome nota.
Denuncia: Ante a Inspección de Traballo a falla de limpeza en PSA Vigo, e a imposición da empresa do baleirado de papeleiras polos propios traballadores/as.
AXA, complemento de xubilación: Continuamos na busca de respostas. A empresa segue a negarse a facilitar a copia das cláusulas da póliza da que os/as traballadores/as son os beneficiarios porque ese cartos son seus e non da empresa. A empresa se xustifica argumentando nos taboleiros que ela era a que poñía os cartos e por iso puso a póliza ao seu nome. Axa, escudase en que a tomadora e a empresa.
Axudas Sociais: Excedencia de 3 meses de verano. O prazo para entregar a xerarquía o impreso e a documentación cuberta remata o 30 de abril.
Xuízo: A pasada semana todos os sindicatos con presenza no Comité, acudimos a un xuízo promovido pola CIG ante a perda de horas do seu delegado de saúde laboral, por non asinar o Convenio. A CUT non dispón deste delegado por acordo maioritario do Comité. A CUT posicionouse do lado dos argumentos da CIG, e CC.OO,UGT,FSI cos argumentos da empresa: “Que os asinantes do convenio non poden estar nas mesmas condicións que os non asinantes…”. E dicir, defenden prebendas para os que o asinan, neste caso un delegado sindical a maiores.
Paritaria do Convenio: Novamente os asinantes do convenio (CC.OO,UGT, FSI) e a empresa, reuníronse para interpretar a aplicación da bolsa de horas, e como afectan as xornadas de folga celebradas en 2015. A empresa defende unha postura, que pretende castigar os folguistas, que gozou do amparo do resto dos sindicatos. De ditas interpretacións non comunicaron nada ata que en sede xudicial a empresa presenta como proba dos seus argumentos os acordos da paritaria que non trasladan o resto dos sindicatos. Á CUT xa nos pasou nun xuízo.
Estes son os que din defender os nosos dereitos!!!. Folga non é delito!!!.
Pescanova: Este venres 21 as 20.00h dende as Catro Pontes (limite entre Vigo e Redondela), esta prevista unha manifestación de apoio aos traballadores/as de Pescanova. Apoian todos os colectivos sociais de Chapela, Redondela, etc. Están a negociar un novo Convenio Colectivo, onde a empresa (ao igual que nos aconteceu no pasado en PSA) pretende crear unha dobre escala salarial, rebaixando a categoría de entrada reducindo salarios entre un 30-40%, e flexibilizar a xornada de Luns a Domingo a criterio e vontade da empresa. En definitiva o que xa sufrimos nesta fabrica, coa única diferencia que alí os/as traballadores/as uníronse xunto ca maioría dos sindicatos para non ceder a pretendida chantaxe da empresa. Unha lección de Dignidade e Unidade.