A zanahoria vai ser mais grande

123

A mesma empresa e os asinantes do convenio, que durante a negociación do mesmo dicían que non se podía tocar os recortes do 2014, nin os mecanismos de flexibilidade, non teñen problema apenas un ano despois da súa sinatura en modifícalo todo. SEMPRE QUE A DIRECCIÓN SEXA A QUE O PRECISE. Onde hai capitán…

Antes de marchar de vacacións de Nadal, a Dirección quere modificar o prima variable. Algúns queren vender que é unha mellora para os/as traballadores/as, pero son os mesmos que ratificaron os graves recortes do 2014, recortes que soamente no referente o complemento de presenza representaron unha perda de 513€ o ano por traballador/a. Se falamos dos traballadores/as da quenda de noite ou de lacas, a perda foi de varios miles de euros.

Descarga a nota en pdf.