A xustiza recoñece o dereito a unha concreción horaria para poder conciliar na Citroen.

39

Poder conciliar na Citroen está a converterse nunha quimera, pero querer facelo na quenda de noite era practicamente imposible ata agora.

A xustiza da a razón a un afiliado da CUT, no seu dereito a conciliar na quenda de noite e sen renunciar a súa profesionalidade, ademais condena a empresa a indemnizalo con 3.750€ polos danos causados.

A practica inveterada da empresa, cando unha persoa ten unha necesidade específica de conciliación, que se saia dos horarios que xa teñen preestablecidos, é marear, marear e marear ata que a persoa se cansa e acepta o que a empresa lle interesa.

Neste caso particular, a empresa esmerouse en poñer tódalas trabas posibles, a pesares de que a persoa demostrou a necesidade imperiosa do horario solicitado que inclúe unha redución do 50% da xornada e coa máxima puntuación na comisión de igualdade. De aí que a xuíza impuxera unha indemnización elevada.

Na sentencia queda acreditado que a empresa obrou de mala fe, por non dar resposta as diferentes solicitudes e reclamacións do traballador. Pese a que a baremación da comisión de igualdade, si acreditaba a súa imperiosa necesidade. E porque en ningún momento intentou probar a imposibilidade de acceder ao horario solicitado.

Segundo a xuíza, NON se acreditou a idoneidade, a necesidade, nin a proporcionalidade da denegación. Engadindo que estamos ante unha gran empresa con recursos e polo tanto a solicitude non supón un grave prexuízo para a mesma.

Como sabemos, está empresa ten moi mal perder, agora comidos pola rabia, pretende culpabilizar a esta persoa por reclamar o seu dereito. Dicindo no taller en cuestión, que o que solicitou foi o posto determinado doutra persoa e polo tanto esa outra persoa será un dano colateral. O solicitado foi un horario específico, non un posto específico.