A xustiza dá a razón á CUT e paraliza as eleccións sindicais en Citroën

139

A sección sindical da Central Unitaria de Traballadoras denunciou inxerencias da empresa no proceso electoral que acababa de iniciarse en Stellantis Vigo coa constitución da mesa electoral.

O laudo arbitral establece que tal e como se realizou o proceso non se cumpre coa legalidade, aínda que dito proceso fora asinado por SITC, UGT e CCOO, e mesmo contara coa abstención da CIG (que finalmente tamén optou por recorrelo xunto coa CUT, o cal celebramos).

“O laudo resolve que primeiro se teñen que constituír as mesas nos talleres e logo as persoas designadas nesas mesasdecidir libremente se queren ou non unha MEC”.

O acordo establecía a creación dunha Mesa Electoral Central que a empresa decidiu que estivera composta por cinco membros, dous deles cadros (persoal de confianza da empresa), e a designación como asesora legal dunha avogada da empresa.

O laudo resolve que primeiro se teñen que constituír as mesas nos talleres e logo as persoas designadas nesas mesas (as que agora están convocando), decidir libremente se queren ou non unha MEC, e de ser así, quen a integra.

“Este laudo establece ademais que ningún cadro de empresa (persoal de plena confianza empresarial) pode formar parte das mesas electorais.”

As mesas electorais son as encargadas de vixiar todo o proceso electoral, así como decidir sobre calquera tipo de reclamación, todo o relativo ao desenvolvemento da votación ou  se se colocan mesas auxiliares ou non.

Este laudo establece ademais que ningún cadro de empresa (persoal de plena confianza empresarial) pode formar parte das mesas electorais.

Para a CUT, as eleccións sindicais en Citroën son de todo menos libres e democráticas. Corenta anos de maioría do sindicato amarelo son proba disto.

“Tras a paralización do proceso, UGT e CC.OO. respaldaron unha proposta co sindicato amarelo para continuar co proceso electoral e intentar esquivar o laudo arbitral.

O laudo por si só non garante unhas eleccións completamente libres e democráticas, pero si marca un camiño. Un camiño que estamos dispostos a seguir porque cremos que a única forma de rematar coa maioría amarela, é votando libremente.

Por desgraza, tras a paralización do proceso polo laudo, UGT e CC.OO. respaldaron unha proposta de documento co sindicato amarelo para continuar co proceso electoral e intentar esquivar parte dos efectos da resolución do laudo arbitral.

A CUT seguirá traballando para garantir unhas eleccións libres e democráticas, sen manipulacións da empresa e dos seus cómplices.