A Inspección de Traballo vén de sancionar á Xunta de Galicia cunha multa de 300 mil euros por non recoñecer os dereitos laborais do profesorado de galego.Tras a denuncia dos sindicatos CUT, STEG e CIG, a Consellería de Educación verase obrigada a recoñecer de xeito formal a súa relación cos traballadores do CELGA , e a dalos de alta na Seguridade Social con efectos retroactivos.En palabras do noso compañeiro Brais González, “esta resolución pon de manifesto que a primeira institución encargada de velar polos dereitos laborais, a Administración, é a primeira en negar a regularización duns docentes tratados laboralmente como “colaboradores”.A situación laboral do profesorado contratado do CELGA constitúe unha proba máis do carácter neoliberal e antigalego do goberno do PP de Feijoo, quen condenou aos traballadores e traballadoras encargadas de garantir o coñecemento do galego alén do ensino obrigatorio.