A Xunta propón a autodiagnose como solución ao colapso da atención primaria debido a anos de recortes

112

Na reunión mantida hoxe cos sindicatos a Consellería anunciou que publicará mañá un modelo responsable de declaración escrita para presentar como IT (baixa) ante o colapso da atención primaria.

Dende a CUT parécennos inauditas as solucións que pasan por non reforzar a atención primaria e en saltarse calquera mecanismo de control sanitario razoable tanto co autodiagnostico como coa declaración responsable, deixando a toda a cidadanía sen criterio médico a súa diagnose, confinamento e consideración de IT.

A solución para axilizar os trámites é un parche que destapa as deficiencias produto dos recortes de anos en atención médica e de xestión nos centros de saúde do país.

Exiximos solucións para os servizos públicos que dean a calidade e protección necesaria á toda a clase traballadora.