A xubilación aos 67 anos: medida social de ZP

61

 Mentres en Davos o cerne do capitalismo mundial (oligarcas, dirixentes gubernamentais, premios Nobel de economía) espremen o cerebro para refundar ou redefinir o seu sistema, mentres a taxa de desemprego segue a dispararse; o Goberno de Zapatero acaba de facer pública unha guinda que, non por esperada, constitúe un auténtico aldraxe a clase traballadora: a xubilación ós 67 anos. E dicimos á clase traballadora porque é para quen vai destinada a medida. Os ricos, os parasitos coma os Borbóns, Botíns, ou os Deputados, teñen garantida a pensión de xubilación co tope máximo aínda sen traballar un día na súa vida.Algúns escandalízanse coa medida promulgada, non é para menos. Pero o que non saben e que detrás desta virán máis e máis recortes: nos contratos de traballo, nos xa precarios dereitos no despedimento, nas propias pensións, na prestación por desemprego e na baixa laboral,… Desde a CUT témolo dito por activa e por pasiva, o modelo capitalista non da para máis, so é posible sostelo con este tipo de medidas.É tarefa do sindicalismo de clase, a pesar do enxurrada intoxicadora dos altofalantes do Réxime, enfrontar as políticas neoliberais do capitalismo, no que se enmarca a xubilación os 67 anos. Outro sistema é posible, a única redefinición admisible é o remate deste estado de cousas e camiñar ao reparto solidario da riqueza, do emprego, a eliminación das horas extras para que todos e todas traballen, o establecemento da xornada das 35 horas, e a instauración dun salario social digno.Quen promulga este tipo de medidas evidentemente faino pensando no salvamento do sistema capitalista. E dentro deste o salvamento da Caixa da Seguridade Social, iso si, nos parámetros que marca o neoliberalismo. Que ninguén pense que o Ministro Corvacho pensou como fará o albanel, o mariñeiro ou o metalúrxico para aguantar no traballo escravizado ata esa idade.Non, non é un espellismo o que estamos a dicir. A clase traballadora galega e do Mundo ten que orientar as resposta sindicais para facer posible a xustiza social e a liberdade, para as persoas e para todos os pobos do Mundo. Evitar que este tipo de medidas antiobreiras se fagan realidade está nas nosas mans, o camiño é a toma de conciencia, a organización e a loita decidida e coherente.