Non sen razón a “Lei Mordaza” está de actualidade. Ben é certo que a admisión a trámite parlamentario desta barbaridade, e a súa aplicación a partir do 2015, vén a xustificar a profusión desta noticia. Agora ben, sen restarlle un ápice de importancia á mesma, sería bo contextualizar axeitadamente o significado desta norma represiva, non vaia ser que a árbore (o PP) non nos deixe ver o bosque (o Réxime), porque non hai máis que reparar no impresentable vendedor de fume, e mal actor, Pedro Sánchez (PSOE), escenificando unha cínica e suposta oposición á mesma.Para a CUT afondar na contexto da “Lei Mordaza” significa analizar con rigor o verdadeiro sentido e valor deste novo atentado ós dereitos democráticos. A diagnose da importancia represiva e totalitaria deste instrumento de explotación de clase transcende ó feito puntual do texto lexislativo do PP. É evidente que esta iniciativa lexislativa é absolutamente coherente con outras reformas legais anteriores, elaboradas fundamentalmente polo PSOE. E, nese sentido, sería conveniente lembrar a “Lei Corcuera”, o instrumento represivo co que, de forma masiva, se multou e reprimiu a milleiros de membros da clase traballadora nos últimos vinte anos.A diagnose do Réxime
Estamos ante un escenario histórico onde as contradicións de clase se agudizaron profundamente. A crise sistémica que nos arrodea é consubstancial ó deseño da burguesía para asegurarse os seus privilexios. E son sabedores de que as políticas neoliberais de axustes e laminación dos dereitos democráticos e laborais básicos traerá, sen dúbida, a expansión da conflitividade social. O que pretende o Réxime é darlle rango legal á barbarie. Este é o contexto onde hai que situar a “Lei Mordaza” aínda que non sexa a única ameaza. Toda unha batería de ideas están sendo aplicadas xa (Reformas laborais) ou mesmo están na fase de borrador, como o caso do Regulamento da LOLS que pon en perigo de morte ó sindicalismo de clase e combativo. Que falar da homologación do dereito fundamental de Folga co dereito ó “esquirolaxe” (PSOE) para legalizar o encadeamento do noso proletariado?./p>A receita
A partir do 2015 os dereitos de reunión, expresión e manifestación quedarán aínda máis feridos de morte. A Policía Nacional e a Garda Civil pasan a ter unhas atribucións para actuar aínda máis impunemente e para reprimir calquera mostra de disidencia social e laboral. Unha actuación policial represiva sen disimulo, en base a todo un receitario de medidas preventivas e represivas, será a protagonista para incriminar o dereito do pobo a defender os seus dereitos civís.A “Lei Mordaza” vén a ser a resposta violenta da clase dominante a todos e cada un dos modelos de mobilización social e laboral dos últimos anos. No texto admitido a trámite parlamentario coa maioría do PP prevese a prohibición e criminalización de cada unha das respostas sociais desta índole: os “rodea o Parlamento”, o impedimento dos desafiuzamentos, os escraches, a devolución express da xente inmigrante, os 22Ms, os 15Ms ou a publicación e difusión dos crimes de estado.Estamos diante dun aberrante fortalecemento do estado policial, encetado xa polo PSOE, sobre todo na fase protagonizada por Felipe González. A policía non só exercerá a represión na rúa senón que se lle vai outorgar a potestade de suxeito soberano como testemuña irrefutable. O Réxime do ’78, diante da perda de lexitimidade que nunca tivo, ten que recorrer a converter en lei a política do palo y tentetieso, a mesma que foi a guía da fase anterior con Franco aínda vivo. A política do medo vai ser de agora en adiante o instrumento xurídico-policial protagónico para esmagar calquera reacción contraria ó Réxime do 78 por ínfima que esta sexa.A alternativa
A CUT leva dicindo desde o ano 2011 que esta fase histórica precisa dunha alternativa de unidade obreira e popular. As loitas obreiras e sociais fragmentadas sectorialmente son suicidas por máis que a súa base reivindicativa sexa lexítima. Da mesma maneira, a articulación partidaria dos movementos sociais é oportunismo efectista destinado ó fracaso. Só desde unha unidade superadora destes parcelamentos, e respectando sempre as distintas loitas e problemáticas conxunturais, poderáselle facer fronte á “Lei Mordaza” e a canta medida represiva disfrazada de norma legal nos poñan diante para golpear a clase traballadora e os sectores popularesA alternativa pasa pola mobilización masiva e sostida no tempo. A alternativa pasa pola acumulación de forzas en clave de unidade popular mobilizada. Pensar que o posible cambio no Goberno do estado vai posibilitar per se a eliminación da “Lei Mordaza”, e todas aquelas normas que aldraxan á clase traballadora, sería, máis que unha inxenuidade, unha temeridade. O cambio de correlación forzas non é o troco na aritmética electoral. Esta só é un factor. A transformación real haberá que construíla nos parámetros anteditos.Inverter a dirección e a lóxica do sistema vixente é unha necesidade urxente pero non vai ser doado. Os chamados Mercados e as elites políticas non dubidarán en intervir diante do máis mínimo intento de modificación económica e política. Aí nos toparemos con Jünker e coa OTAN. O estado herdeiro da Reforma política franquista evolucionou nos últimos trinta anos pero foi, máis precisamente nos dez últimos, pola vía represiva: Lei de Partidos, Reforma do Código penal, Reformas Laborais, Lei de Estranxeiría,… Desmontar as estruturas do vello Réxime só será posible desde abaixo. Non nos esquezamos que o reforzo do aparato represivo militar e policial do estado español, ademais de responder ó seu carácter reaccionario, forma parte dun deseño de axuste que responde a unha orde global. A súa lóxica desde a Escola de Chicago é a que segue: “Non é probable que os damnificados acepten morrer sen exercer a protesta”.As Marchas da Dignidade, por seu lado, son o xermolo real do encontro transversal, plural e plurinacional fronte ó bloque hexemónico. Cómpre coidar e vigorizar este movemento que tamén é noso. Hoxe as nosas aspiracións como clase traballadora e o noso dereito a decidir como pobo pasan por conxugar ineludiblemente o noso proxecto como sindicato nacional e de clase coa incorporación e a achega decidida a este amplo movemento de unidade obreira e popular. O camiño aberto polas Marchas da Dignidade supón a vía real, diríamos que a máis importante, para enfrontar a aberración represiva da “Lei Mordaza”.