A vergonzosa política do PSOE sobre o Sáhara

78

Hai unha semana El País reproducía na súa portada unha noticia filtrada supostamente polos servizos de seguridade de España relativa a un “inminente atentado nos campamentos saharauís en Tindouf contra “intereses españoles”. De por si, dita noticia, que deron unicamente os medios do Grupo Prisa, era máis que sospeitosa e de dubidosa credibilidade.

Efectivamente, en paralelo a esa publicación no boletín das cloacas do estado, o Ministerio de Asuntos Exteriores sacaba unha nota corroborando a noticia. Citaba fontes de “servizos de intelixencia estranxeiros” e dáballe narrativa á nova aludindo á facción do ISIS no Sáhara e poñéndolle boca a un saharaui supostamente xefe do grupo, Adnan Abú Ualid al Saharauí. O relato intoxicador estaba servido e, o mesmo día, a Ministra de Defensa, Margarita Robles, declaraba no mesmo senso.

Sendo coherente coa tradición histórica vergonzosa e sumisa dos Gobernos españois desde Franco até hoxe, dita noticia foi a reprodución ao pé da letra do recado que lle trouxo á señora Robles o Ministro de Exteriores marroquino, Nasser Bourita a Borrel, o pasado 27 de novembro, data na que casualmente se reuniron en Madrid.

Sendo coherente coa tradición histórica vergonzosa e sumisa dos Gobernos españois desde Franco até hoxe, dita noticia foi a reprodución ao pé da letra do recado que lle trouxo á señora Robles o Ministro de Exteriores marroquino, Nasser Bourita a Borrel, o pasado 27 de novembro, data na que casualmente se reuniron en Madrid.

 

 

Tanto o Frente Polisario como o Goberno da RASD inmediatamente negaron a noticia e denunciaron a intoxicación premeditada do Goberno de Marrocos coa conivencia e complicidade do Goberno do PSOE. E o que é máis grave, detrás das actividades do suposto grupo ISIS-GS, ao cal se lle atribúen diversos atentados no norte de Malí, están os servizos secretos marroquinos e franceses, traballando a prol dos seus intereses xeo-estratéxicos.

do 19 ao 21 de decembro vaise a celebrar en Tifariti, territorio teoricamente ocupado por Marrocos, o XVIII Congreso do Frente Polisario, ao que se prevé a asistencia de multitude de representacións internacionais

Pero cal é o trasfondo concreto de todo isto? A vindeira fin de semana está prevista a viaxe aos campamentos de refuxiados de Tindouf de máis de 300 persoas do Estado español no marco da solidariedade e acollida de meniños saharauis. Hai que lembrar que esta campaña de acollida xa ten corenta anos e se converteu nunha evidente caixa de resonancia da causa do pobo saharaui. Pero, o máis importante, do 19 ao 21 de decembro vaise a celebrar en Tifariti, territorio teoricamente ocupado por Marrocos, o XVIII Congreso do Frente Polisario, ao que se prevé a asistencia de multitude de representacións internacionais, incluídos embaixadores e embaixadoras de países que recoñecen á RADS, algo que no ocorre con España. Nesa cita, presúmese a renovación do apoio de gobernos progresistas de todo o Mundo.