Anda a xente revolta con isto dos 400 euros cando a realidade que nos espera aos traballadores e traballadoras tería que ser o motivo das nosas inquedanzas. Dende os altofalantes do poder anuncian unha crise que provocou a avaricia do capitalismo e a especulación, e a crise pagarémola nós, os que menos gañamos. Dende Bruselas chega unha directiva que amplía a xornada semanal a 65 horas para, din eles, competir con China e flexibilizar o mercado. Non sería máis doado que obrigaran a China a cumprir unha lexislación laboral que lle custou ao proletariado sangue e suor? Non será que en realidade desexan que traballemos coma chinos en xornadas interminábeis con salarios de fame? E nós pensando en 400 euros.Que nos van solucionar eses 400 euros? pagaremos con eles a subida do leite, do pan, do gasoil…? Eses 400 euros non son máis ca un carameliño para bobos, para nos esquecer da precariedade á que estamos sometidos. Eses 400 euros non os pederderá ningún dos que gañan cartos a moreas, só os perderán os que gañan unha miseria. Eses 400 euros son o froito do traballo de todos nós e máis farían se os xuntaran todos para invertilos en sanidade, educación ou en evitar na loita contra o terrorsimo patronal. Pero claro, como van facer iso se a intención e privatizar sanidade e educación e os terroristas da patronal manteñen aos gobernos?Algúns xa estarán pensando en que gastar os 400 euros para seguer enganchados á trampa que nos ten presos e afogados: o consumismo irrarcional.Compañeiros e compañeiras, temos que reaccionar para sair desta pasividade que mantén á clase obreira durmida, submisa e explotada.