A Central Unitaria de Traballadoras amosa a súa solidariedade coas represaliadas polo boicote a Carrefour no marco das accións contra o xenocidio israelí en Gaza.
Oito persoas serán xulgadas en Vigo o vindeiro martes, 20 de maio, acusadas de realizar “danos” ao supermercado Carrefour.
O suposto delito foi unha actividade na campaña de boicote ás empresas que negocian e apoian ao Estado de Israel na guerra xenocida contra o pobo palestino.
Outras dúas persoas recibiron unha citación onte en Compostela para un xuízo con data de hoxe relacionado cunha acción semellante, levando a cabo unha campaña de criminalización do activismo de apoio a Palestina, aplicando a lei mordaza.
A solidariedade non é un delito!
Viva Palestina libre!












