A forza do pobo galego en solidariedade coa Palestina logrou hoxe gañar a Volta ciclista en Mos. Preto dun milleiro de manifestantes concentrados na liña de meta e espallados ao longo de todo o percorrido obrigaron á organización a poñer fin á etapa 8 quilómetros antes do previsto.
O xenocidio de Gaza fíxose visible en terras galegas malia os discursos contra a política no deporte e os intentos de conter ao pobo das forzas represoras.

Celebramos con orgullo a decisión de todas as galegas e galegos que fixeron posible que a masacre de nenos e civís en Palestina non sexa invisible malia os intereses capitalistas que pretenden silenciala.
A etapa de hoxe gañouna Palestina!












