Á rúa o 27 de maio

93

 . A situación na que nos vemos hoxe en día inmersos obedece á falta dunha resposta obreira que vimos demandando dende o ano 2008. O capital ditamina cales deben ser as medidas económicas que os gobernos teñen que adoptar e estes obedecen sen máis a aqueles que precisamente nos levaron a este desastre. O goberno de Zp é unha nova mostra de quen manda aquí, por fín quitou a súa careta socialista e deu renda solta ás medidas que ditaron o FMI, UE, BM, OMC…é dicir conxelación de pensións, recortes salariais aos traballadores e traballadoras públicas, limitación da xubilación parcial, aumento da idade de xubilación, punto final das mal chamdadas políticas sociais (cheque-bebe, lei de dependencia, etc.)e reforma laboral a piques de saír.De ter convocado unha FOLGA XERAL cando a CUT o demandaba, no ano 2008, non terían a cara de tomar estas medidas sen pudor algún. É hora de que a clase traballadora obrigue a unha contestación sindical, é hora de facer unha folga xeral ou non haberá volta atrás.Dende a CUT facemos un chamamento á asistencia da manifestación de Vigo o XOVES 27 DE MAIO, NO CRUCE DE URZAIZ CON VÍA NORTE ÁS 20 HORASDescarga aquí o cartaz da convocatoria