As representantes das traballadoras do sector de atención a menores en Galicia (CUT, CIG-Ensino, CCOO, UGT, USO, FSIE e SNEP) solicitaron senllas xuntanzas á conselleira de Política Social, Fabiola García, e á patronal para tratar a situación de preocupación en xeral dos Centros de Atención a Menores (reforma xuvenil e protección menores), dos Centros de Atención á Discapacidade e dos centros de atención a infantil etapa 0-3.
“As organizacións sindicais buscamos así unha saída negociada á precaria situación actual, evitando incrementar a conflitividade social, que ningunha das partes queremos e que por responsabilidade debemos atallar, empregando o diálogo e a negociación.”
Na dita xuntanza pretendemos abordar as alternativas ou solucións que, diante da problemática das súas condicións laborais e salariais que se nos traslada por parte do seu persoal (como doutras referidas a rateos, recursos humanos e materiais), se poidan acadar e dar resposta dende a súa Consellaría e nos futuros Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2026.
Dende a representación das traballadoras cremos que urxe iniciar un proceso de negociación en cada sector que resolva os problemas actuais, e no que se deberán implicar as tres partes: sindical, patronal e a propia administración, e a través do Consello Galego de Relacións Laborais ( CGRLs).
As organizacións sindicais buscamos así unha saída negociada á precaria situación actual, evitando incrementar a conflitividade social, que ningunha das partes queremos e que por responsabilidade debemos atallar, empregando o diálogo e a negociación.












