O pasado domingo, baixo o paraugas das MMdD, a CUT apoiou a marcha en contra da permanencia de ENCE nas instalacións de Lourizán.
Esta marcha saiu dende a Alameda de Marín ata chegar xusto diante da fábrica, onde confluimos con outra marcha que viña desde Pontevedra.
Desde a CUT apoiamos e apoiaremos as mobilizacións que convoque a APDR para recuperar a nosa ría.
“A ría é nosa e non de Celulosa”