A reforma do FOGASA e outros agasallos de fame para o 2014

72

A Lei de Presupostos Xerais do Estado para o 2014, venos de deparar unhas cantas perlas de fame para este ano que comeza a andar. Non nos debe de sorprender, é táctica habitual nos Gobernos españois, foran do PSOE ou do PP, ó aproveitar esta Lei ou a de acompañamento, para introducir con nocturnidade, reformas legais sensibles ós intereses dos traballadores. A máis escandalosa, fora o cambio drástico na cobertura da prestación da IT, fai aproximadamente dez anos.
Pois ben, nesta ocasión o Goberno do PP acaba de modificar a cobertura do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA), para aquel@s traballador@s que teñan a desgracia de traballar en empresas de menos de 25 empregad@s. Ata fai dous días nos despedimentos obxectivos, a empresa tiña que abonar 12 días, facéndose cargo o Fogasa dos oito días restantes, da indenización. A Ministra Fátima Bañez, di que a través desta medida, o Goberno aforrará 300 millóns de euros ó ano.É evidente que este é un primeiro paso de cara a eliminación do Fondo de Garantía Salarial. Irano desmantelando pouco a pouco, para non crear “alarma social”. Non hai que esquecerse que a caixa do Fogasa, foi financiada ano a ano, coas contribucións d@s traballadores e deducidas dos nosos recibos de salarios.Como noutras ocasións, as perlas ou “sorpresas” establecidas na Lei de Presupostos Xerais do Estado, non so se limiton ó que estamos a comentar dos recortes do Fogasa. Tamén hai novidades en canto á lexislación das ETTs, sobre as Mutuas Patronais no seu control sobre @s traballador@s. Tamén se prevén máis recortes nos dereitos de prestación da IT, ou máis beneficios na contratación a tempo parcial para os empresarios.