A Inspección de Traballo sanciona a Clece por non cumpli-los acordos

65

O comité de empresa, no que ten maioría absoluta a CUT, presentou unha denuncia contra a empresa Clece, concesionaria da limpeza do Hospital Clínico Universitario de Santiago, ante a inspección de traballo da Coruña. No día de hoxe, 18-09-2009, a Inspección de Traballo ven de darlle a razón á denuncia feita dende o comité de empresa, obrigando a CLECE a cumprir unha serie de dereitos que lle corresponden ós/as traballadores/as e iniciando un procedemento de sanción por non cumprir os acordos: 1) No referente ás contratacións pendentes por acordo do 2007, a empresa estaba obrigada a facelas do seguinte xeito: – 12 contratacións en menos de 15 días (antes do 25-07-2009). – 11 antes do 31 de decembro. No día de hoxe a empresa CLECE NON PRESENTOU NENGUNHA CONTRATACIÓN POLO QUE A INSPECCIÓN DE TRABALLO DECIDIU SANCIONALA. 2) Ante o incumprimento do pagamento de liquidacións ó persoal contratado, A INSPECCIÓN DECIDIU AMPLIA-LO PRAZO DADO A CLECE NUN MES MÁIS para presenta-las liquidacións correspondentes. 3) Ante o incumprimento reiterado por parte da empresa dos días de libranza semanal do persoal, SE LLE INDICA DENDE A INSPECCIÓN QUE A EMPRESA CLECE ESTÁ OBRIGADA, A PARTIR DE HOXE A RESPETAR O DESCANSO SEMANAL OBRIGATORIO, de non ser así, a Inspección de Traballo iniciará un novo procedemento de sanción por esta causa.