A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) realizou unha concentración ás portas de Stellantis Vigo coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo para denunciar a precariedade preventiva, a ocultación do dano laboral e o impacto directo sobre a saúde e o dereito a unha xubilación digna.

Baixo o lema “Stellantis: A cara oculta da Lúa”, o sindicato puxo o foco na diferenza entre a imaxe que proxecta a empresa e a realidade que se vive nas liñas de produción.
Dano físico, desgaste mental e organización do traballo
A CUT denuncia que o modelo produtivo se basea en traballos repetitivos, monótonos e con elevada carga física, realizados de maneira continuada e, en moitos casos, durante 6 días de cada 7, tanto en quendas de día como de noite.
Esta organización implica:
- Aumento das xornadas e redución do descanso
- Movementos repetitivos continuados durante anos
- Acumulación de lesións musculo-esqueléticas
- Aparición de problemas de saúde mental como estrés, ansiedade e esgotamento
Segundo o sindicato, esta realidade non está sendo recoñecida como enfermidadeprofesional, en contra do establecido na normativa de prevención (Lei 31/1995), o que impidea adopción de medidas correctoras.
“Ocultar o dano non o elimina, só o despraza: impide a prevención, traslada custos ao sistema público e deixa ás persoas traballadoras sen protección”, sinalan.
Coeficientes reductores: dereitos bloqueados pola ocultación.
A CUT introduce un elemento clave de carácter legal: o infra-recoñecemento das enfermidades profesionais está impedindo o acceso aos coeficientes redutores da idade de xubilación para actividades penosas, perigosas ou insalubres.
Este mecanismo require acreditar unha realidade de desgaste que, segundo denuncian, está sendo artificialmente ocultada nas estatísticas oficiais, deixando ao sector da automoción fóra dun dereito que lle correspondería.
“Estamos ante unha fraude estrutural: traballos que rompen os corpos non se recoñecen comotales, e iso bloquea o acceso a unha xubilación anticipada xusta”.
Un sistema de xubilación inalcanzable para a maioría.
A CUT lembra que, conforme á lexislación vixente:
- Para xubilarse aos 65 anos é necesario acreditar arredor de 38 anos e medio cotizados
- Para xubilarse aos 67 anos, requírense polo menos 35 anos de cotización efectiva
Porén, esta realidade legal non é alcanzable para unha gran parte do persoal, especialmente debido á precariedade contractual e a saúde.
Contratos a tempo parcial: unha penalización estrutural
O sindicato denuncia que dende comezos dos anos 2000 a maioría dos contratos celebrados na actual Stellantis Vigo son a tempo parcial, o que tivo consecuencias directas sobre as cotizacións:
- Durante anos, o traballo a tempo parcial non computaba como día completo cotizado, senón que se aplicaban coeficientes de redución.
- Isto provocou que moitas persoas non acumulasen os anos necesarios, a pesar de levar décadas traballando.
Aínda que reformas posteriores (como o Real Decreto-lei 11/2013 e a evolución normativa consolidada tras a doutrina do Tribunal Constitucional e do Tribunal de Xustiza da UE) melloraron parcialmente o cómputo —tendendo ao principio de “día de alta, díacotizado”—, estas modificacións non tiveron efectos retroactivos plenos, deixando fóra a toda unha xeración de traballadores e traballadoras.
Como consecuencia:
- Moitas persoas non alcanzan nin os requisitos para xubilarse aos 65 nin aos 67 anos
- Sofren penalizacións adicionais se se ven obrigadas a abandonar antes o traballo
- No caso de incapacidade permanente, as bases reguladoras tamén se ven
A realidade: saír antes… e máis pobres
A CUT denuncia que esta combinación de factores xera unha realidade contundente:
- O persoal de produción non pode fisicamente aguantar ata a idade de xubilación
- Vese obrigado a saír mediante EREs ou incapacidades
- E faino asumindo fortes perdas económicas nas súas pensións
“Isto significa que as persoas traballadoras sofren unha dobre penalización: primeiro, pola deterioración da súa saúde; e despois, pola redución dos seus dereitos económicos futuros”.
EREs recorrentes: consecuencia dun modelo insostible
Para o sindicato, a repetición de expedientes de regulación de emprego non é casual:
“A empresa sabe que este modelo produtivo é incompatible cunha vida laboral completa. Poriso os EREs convértense nun mecanismo estrutural de saída para un persoal que non pode continuar”.
A CUT esixe a Stellantis Vigo:
- O recoñecemento real das enfermidades profesionais
- A avaliación efectiva dos riscos psicosociais
- A redución de ritmos, cargas e prolongacións abusivas
- Transparencia nas baixas e datos de saúde laboral
- Fin da precariedade e da presión sobre o persoal eventual
- E o cumprimento das condicións legais que permitan acceder aos coeficientes reductores de xubilación
“Sen verdade non hai prevención”
A CUT conclúe cunha advertencia clara:
“Se o traballo enferma, a prevención fracasou. E cando se oculta o dano, tamén se están roubando dereitos fundamentais como o acceso a unha xubilación digna.”












