A dignidade das obreiras fronte a Grupo Norte

190

“Buscan perfís vulnerabilizados para poder extorsionar”, sostén a compañeira Marta, que se negou a quedar pasiva e calada ante as continuas vulneracións dos seus dereitos por parte do Grupo Norte. A empresa pretendía que a nosa compañeira traballase media hora de forma gratuíta e respondía con silencios continuos á petición de asuntos propios ou vacacións. Pero bateu coa dignidade de Marta, que se mantivo firme e en pé. Agora, como represalia contra quen esixe os seus dereitos, o Grupo Norte despedíu á nosa compañeira.

Non é só unha agresión contra Marta senón contra todas as traballadoras ás que a empresa pretende amedrentar e aleccionar. O Grupo Norte, a través da xestión dos servizos públicos externalizados, chucha os cartos públicos e chucha a vida das traballadoras para enriquecerse. Por iso, o martes 9 de outubro ás 11.30 horas faremos unah concentración ante as oficinas de Correos na rúa do Franco, que ten o servizo externalizado de limpeza con este grupo.

Desde a CUT dicimos NON á externalización dos servizos públicos e, entre eles, o da limpeza!

Dicimos NON á discriminación laboral machista!

Dicimos NON aos despedimentos como represalias por manter a nosa dignidade!

Dicimos NON ás empresas que castigan ás sindicalistas e feministas que se manteñen firmes!

Desde a CUT saimos e loitamos, en conxunto, as unhas coas outras polos dereitos de todas!

A dignidade das obreiras fronte ao Grupo Norte!