A CUT XA ESTÁ NA RÚA COA FOLGA XERAL

79

A CUT iniciou a súa campaña a prol da folga xeral convocada pola central maioritaria galega CIG. A pesares de, unha vez máis, non ter contado con nós para acumular forzas na folga do pobo traballador galego, non imos aforrar esforzos para que esta folga sexa un éxito e poidamos dar unha nova lección histórica sobre a irredutibilidade dos galegos e galegas; nós poñemos por diante os intereses da clase traballadora galega, non somos sectarios.Dende a CUT sabemos que queda moito traballo por diante e chamamos novamente a esa acumulación de forzas para conseguir o obxectivo prioritario: o éxito da folga. Non pode haber dúbidas sobre a necesidade desta folga e a súa convocatoria, faise necesaria a mobilización con todos os colectivos e organizacións que estean na defensa dos traballadores e traballadoras; agardar por aqueles que viven nos despachos dos verdugos negociando a execución das nosas sentenzas de morte non é máis que complexo de inferioridade e complicidade con aqueles que nos condenan.O 27 de xanerio, sen dúbida, a folga será unha nova demostración de forza e dignidade do pobo traballador galego.CONTRA O CAPITAL, UNIDADE E LOITA SINDICAL!!VIVA GALIZA CEIBE E PROLETARIA!!