A CUT traslada á Comisión de Facenda e Función Pública do Congreso as súas reivindicacións sobre o proxecto de lei para a redución da temporalidade no sector público

250

A Central Unitaria de Traballadoras concentrouse esta mañá, canda representantes de PLATEGAL e o sindicato Co.bas, ante a sede da Delegación do Goberno da Coruña para transmitir as súas consideracións e propostas de mellora a incluír no proxecto da Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, recollidas nun escrito dirixido á Comisión de Facenda que, nos vindeiros días, aprobará as enmendas para levar a debate e aprobación posteriormente no pleno do Congreso.

A CUT celebra o recoñecemento do concurso de méritos (sistema recollido na iniciativa lexislativa popular presentada no parlamento galego por este sindicato) como sistema legal de provisión de prazas ante unha situación extraordinaria de abuso de temporalidade e fraude de lei no sector público.

Porén, consideran as posibles enmendas pactas polo goberno con ERC e PNV insufcientes, toda vez que non garanten a cobertura de xeito estable de todas as prazas estruturais ocupadas por traballadoras en abuso de temporalidade e fraude de lei. O pacto contempla a estabilización a quen acumule 5 anos de prestación de servizos, cando a xurisprudencia europea establece o abuso na superación dos 3 anos.

O acordo tampouco prevé un sistema de identifcación das prazas en abuso que permita unha consolidación real de todas ellas. A CUT propón a creación inmediata e urxente dun organismo público auditor especializado en cada administración, así como a revisión de ofcio dos actos xa frmes de extinción do servizo e a suspensión dos procesos selectivos en marcha.

A afectación do acordo debe estenderse de xeito claro a todas as empregadas públicas en abuso, sexa cal for o seu vínculo (interina, persoal laboral, estatutario…) e contemplar as prazas cubertas de xeito interrompido ou con destino cambiante en función das necesidades do servizo, como acontece en ámbitos como Ensino ou o SERGAS.

Ao entender da CUT, deben establecerse regras claras no concurso de méritos que garanta a consolidación das vítimas da fraude.

Para aquelas que, malia todo, non logren consolidar, a indemnización non deberá ser inferior ao despedimento improcedente. A indemnización de 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades, é para a CUT, un abaratamento do despedimento das empregadas públicas e unha burla ao pobo traballador.

A Central Unitaria incide de novo na necesidade dun sistema de sancións rigoroso, para afastar da xestión de persoal a calquera responsábel que provoque no futuro novas situacións de fraude de lei, chegando a establecer responsabilidade persoal.

De non incluír estas melloras, os procesos previstos na lei destruirán centos de postos de traballo, polo que a CUT chama a continuar coa mobilización das empregadas públicas e de toda a sociedade para que este proxecto de lei cumpra co obxectivo determinado no seu título e poña fn a décadas de abuso da temporalidade no sector público.